ACLIMATACIÓN

O BNG solicita que se acometa a limpeza integral das rúas de Leiro

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG)de Leiro vén de manifestar a través dun comunicado o seu malestar polo "estado deplorable" no que se atopan as rúas e prazas da localidade

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG)de Leiro vén de manifestar a través dun comunicado o seu malestar polo "estado deplorable" no que se atopan as rúas e prazas da localidade, tal e como veñen recibindo queixas dos propios veciños e tamén dos visitantes. O voceiro desta formación política na Corporación, Luis Pérez Estévez, subliña que "este tema xa o veño reclamando dende hai anos en varias ocasións nas distintas sesións plenarias, pero a día de hoxe seguimos na mesma situación.

O edil nacionalista apunta que basta con dar un pequeño paseo por calquera rúa ou praza de Leiro "para topar refugallos,  papeis, centos de bolsas de lixo e excrementos de cans por tódolos recunchos". Por este motivo, o Bloque Nacionalista Galego solicita con urxencia "que o señor alcalde ou o equipo municipal de goberno envíen persoal das brigadas a facer unha limpeza integral de ditas rúas e prazas, tanto no casco urbán da vial como nas distintas aldeas das parroquias do noso municipio".

Neste mesmo sentido, o grupo socialista de Leiro tamén facía recentemente un chamamento ó Concello para a retirada do lixo acumulado nos contedores de recollida, ubicados no casco urbán da localidade, ó entender que proporcionan unha mala imaxe para os visitantes. 

Te puede interesar