DE 300.000 EUROS

Beade recibe axuda para reparar a súa Consistorial

photo_camera Senén Pousa, Alfonso Rueda e Manuel Baltar, na sede da Mancomunidade do Ribeiro (XESÚS FARIÑAS)

O edificio sufriu importantes danos por causa dun atentado fai un ano

Os desperfectos ocasionados por un atentando terrorista na Casa Consistorial de Beade serán reparados cando está a punto de cumplirse un ano dende que un artefacto explotara na entrada principal do edificio. Para a execución do proxecto, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o alcalde de Beade, Senén Pousa, asinaron onte na sede da Mancomunidade do Ribeiro, onde se atopan de forma provisional as oficinas municipais, un protocolo de colaboración para a rehabilitación da Casa Consistorial.

Alfonso Rueda destacou que grazas á colaboración entre as tres administracións pódese levar a cabo a rehabilitación do edificio cun investimento de case 300.000 euros ao que o Concello non podía facer fronte en solitario. A través deste convenio, a Xunta e a Deputación achegan cada unha 120.000 euros en tres anualidades, 2014-2016, coas que o concello de Beade poderá facer fronte a preto do 80% do orzamento total que necesita para a posta a punto da casa consistorial. A actuación consistirá en rehabilitar o edificio antigo, aproveitando a estrutura e o peche perimetral, despois de que quedara seriamente danado na madrugada do 7 de outubro de 2013 por un artefacto explosivo que estoupou fronte a porta do consistorio provocando no inmoble considerables danos materiais, derrubando portas e provocando desprendementos nas paredes do edificio público.

Por este motivo o proxecto de rehabilitación recolle actuacións na totalidade do edificio, desde a reposición do lucernario de cuberta, demolicións e reconstrucións de fachadas, pasando pola renovación das instalacións eléctricas, de calefacción e fontanería.

Rueda e Manuel Baltar coincidiron en afirmar que a cooperación entre administracións redunda positivamente nos cidadáns e nos concellos, xa que sumando esforzos pódese ser máis eficientes e ofrecer mellores servizos.

A finais do pasado mes de agosto, a Corporación de Beade reuniuse en pleno para aprobar a aportación que lle corresponde ó Concello para levar adiante a execución das obras. O grupo de goberno popular aprobaba en solitario destinar 46.497 euros a este fin, repartindo o gasto igual cas outras institucións en tres anualidades.

Te puede interesar