OBRAS

Castrelo adapta o Parque Náutico para persoas con discapacidade

uploaded_obras_result
photo_camera Obras de acondicionamento dos aseos do Parque Náutico.

Se espera que as obras estén rematadas a finais do mes de xaneiro

O Concello de Castrelo de Miño iniciou esta semana unha serie de actuacións encamiñadas á mellora da accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas na contorna do Parque Náutico de Castrelo, na piscina municipal e no albergue. As obras son de rápida execución e prevese que rematen a finais do mes de xaneiro, sen que causen trastorno algún para os veciños e os usuarios das instalacións do Parque Náutico. Ascenden a un total de 10.533 euros, sendo subvencionadas parcialmente pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través dun programa do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional de Galicia 2014-2020. 

Así, na contorna do Parque Náutico acondicionarase o acceso aos toldos nos que cada mes celébrase a feira de Castrelo e o do acceso ás prazas reservadas a persoas de mobilidade reducida.

Na piscina municipal instalarase unha plataforma que evite o desnivel nas duchas e outras modificacións para converter en accesible o aseos.

No ámbito do albergue municipal e da cafetería acometerase unha reforma íntegra no aseo de persoas de mobilidade reducida, ademais de dotar de espazo suficiente de xiro na porta de acceso xunto cunha rampla para salvar o desnivel existente. Nas habitacións e nos baños do albergue incluiranse tiradores que substituirán aos pomos das portas, ademais de barras e asentos de duchas. 

Te puede interesar