O RIBEIRO

Castrelo destina a áreas de ocio más de 31.000 euros

uploaded_castrelo_result
photo_camera Un dos parques saudables acondicionados nas ribeiras do Miño.

Instaláronse aparatos biosaudables para a ralización de exercicios de ximnasia por parte dos adultos en Macendo e Barral, e arranxouse a xa existente á beira do pavillón municipal en Astariz

O Concello de Castrelo de Miño destinou 31.700 euros dos seus orzamentos municipais dos anos 2014 e 2015 á creación, conservación e mellora de áreas recreativas no municipio para convertelas en novas zonas de ocio e en espacios saudables para todas as idades. Instaláronse aparatos biosaudables para a ralización de exercicios de ximnasia por parte dos adultos en Macendo e Barral, e arranxouse a xa existente á beira do pavillón municipal en Astariz.Dadas as poucas e moi espalladas zonas de lecer adicadas aos máis cativos que había, o Concello instalou dous novos parques infantís, en Prado de Miño e no colexio de Astariz, que complementan aos xa existentes no Parque Náutico e en Macendo.

Outra parte da inversión adicouse á instalación de mesas de pedra e barbacoas en A Bouza, A Lama, Barral, Macendo e Prado de Miño, entre outras. Por outra banda, realizouse tamén un traballo de reposición nas áreas de pescadores Pescastrelo e noutros espazos recreativos do concello, que sufriran actos vandálicos.

Te puede interesar