TURISMO

Castrelo divulga o patrimonio histórico que ten o Camiño Miñoto

Os visitantes recibirán unha credencial cultural acreditativa de ter realizado este tramo da ruta

O Concello de Castrelo de Miño puxo en marcha unha nova iniciativa cultural encadrada no Camiño Miñoto-Ribeiro que busca potenciar este traxecto a través da visita de puntos de interese histórico. Xunto coa exposición itinerante “Queremos SaudArte”, Castrelo, como un dos municipios que busca a oficialización do camiño, presenta “Castrum Minei”, unha nova  actividade para o fomento turístico. 

A través deste proxecto o  Concello anima aos visitantes a coñecer en primeira persoa elementos patrimoniais como son as termas de O Diestro, a Igrexa de Santa María e A Ponte, lugares que séculos atrás eran paso para os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. O concello, a través da Concellería de Educación, convidou onte ós escolares de Infantil e Primaria do CEIP de Castrelo a ser as primeiras testemuñas en realizar este tramo. 

Os visitantes recibirán unha  Credencial cultural en calquera dependencia municipal ou na páxina web do concello para a súa impresión, a cal deberá ser cuberta cos datos do peregrino cultural e selada e depositada en TurCastrelo ou en Castrelo.Info para recibir a través do correo a Castreleira, a acreditación de ter realizado este tramo da ruta xacobea a Santiagode Compostela. 

Te puede interesar