INSTALACIONES DEPORTIVAS

Cenlle investirá 33 mil euros en mellorar o seu campo de fútbol

ruanova22_result
photo_camera Fachada do campo da Rüa Nova.

As obras inclúen a reposición da cuberta do estadio, que foi danada hai dous anos polo temporal

O campo de fútbol da Rúa Nova, no municipio de Cenlle, ofrecerá unha mellor imaxe cara a veciños e visitantes unha vez se leven a cabo os traballos de acondicionamento previstos, e que supoñen un investimento aproximado de 33.000 euros. O alcalde, Gabriel Alén, sinalou que "o proxecto ten dous obxectivos, un estético e outro funcional, e o primeiro tamén é fundamental, xa que as instalacións están no acceso principal á capitalidade municipal, e agora non presentan bo aspecto".

Deste xeito, as obras contemplan o alicatado e pintado dos muros exteriores e interiores do campo, e inclúen a reposición da cuberta de chapas que foi danada hai dous anos polo temporal. Así mesmo, acometerase a consolidación dos devanditos muros, a fin de arranxar aquelas zona onde estén deteriorados, e o valado perimetral do propio campo. O rexedor de Cenlle confirma que o proxecto correspondente vai ser financiado ó 50% pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación provincial, que aportarán conxuntamente a dotación económica citada.

Neste convenio de colaboración existente entre o departamento deportivo da Xunta e a Deputación provincial tamén están programados proxectos de acondicionamento nos campos de fúbol de Cortegada e Melón, municipios integrados na comarca do Ribeiro.

Te puede interesar