PROMOCIÓN

Os colleiteiros potenciarán a promoción exterior dos viños

Colleiteiros_result
photo_camera Integrantes da Asociación de Colleiteiros, nunha xuntanza en Castrelo de Miño.

A asociación de viticultores realizará intercambios comerciais con México, Colombia e China

Os vitivinicultores integrados na Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro pretenden ampliar a súa promoción a nivel nacional e internacional, coa presenza en feiras do sector e mantendo intercambios con representantes de países importadores. Neste sentido, o colectivo participará no vindeiro mes de novembro en dúas citas da Experiencia Verema, un evento de ámbito estatal centrado no cliente e que cubre las principales ciudades de España.

Nestes encontros, que se desenvolverán en Barcelona, o 14 de novembro, e en Vigo, o 28 do mesmo mes, amosarán os seus viños José Meréns, Cuñas Davia, Sameirás e Quinta do Rebolo, membros do colectivo. Asimesmo, no prazo de dúas semanas, os colleiteiros manterán entrevistas cunha misión comercial formada por profesionais procedentes de México, Colombia e China, organizada pola CEO co apoio de Instituto Galego de Promoción Económica.

"Estos intercambios veñen a unirse a nosa presenza nos pasados meses de abril e xullo en feiras de Australia, Canadá e Corea do Sur, nos que o consumo de viño está crecendo e pode haber mercado", apunta o presidente da asociación, Brais Iglesias. Por outra banda, a directiva do colectivo está a perfilar o que será a súa páxina web (www.colleiteiros.es), que complementará a súa presenza en Facebook e Twitter, plataformas nas que xa contan con 610 e 245 seguidores, respectivamente.

Te puede interesar