O RIBEIRO

A comunicación dixital fai máis visibles ás adegas

20190315182917978_result
photo_camera Unha parte dos técnicos que participaron no taller.

O taller foi impartido por María Porto Corujo, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e especialista en xestión de redes sociais

A Casa do pobo de Barbantes acolleu este venres o taller práctico de "Elaboración dun Plan de comunicación dixital como ferramenta de innovación e marketing", organizado pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), en colaboración coa Asociación Ruta do Viño do Ribeiro, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e o Concello de Cenlle.

O taller foi impartido por María Porto Corujo, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e especialista en xestión de redes sociais, e a el asistiron como alumnos 17  técnicos de adegas e de empresas do sector enoturístico do Ribeiro.

Segundo o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares, "hoxe en día internet representa un espazo no que toda actividade empresarial precisa contar cunha presenza activa. Neste sentido constitúe un requisito fundamental para calquera empresa ou proxecto dispoñer dunha páxina web co gallo de obter unha mínima visibilidade na rede".

Te puede interesar