AXUDAS

O Concello de Castrelo convoca axudas á cultura e para deportes

As entidades que soliciten axudas poderán optar a subvencións de entre 2.000 e 5.000 euros de máximo

O Concello de Castrelo de Miño vén de anunciar a convocatoria de subvencións por concorrencia competitiva para a organización de campionatos e competicións deportivas no municipio. Poderán ser beneficiarios das axudas as entidades deportivas sen ánimo de lucro e federacións deportivas que acrediten ser as organizadoras de campionatos ou competicións, e para as que se fixa unha cantidade máxima unitaria de 5.000 euros.

Por outra banda, o Concello tamén informou das bases e da regulación da tramitación e concesión de subvencións a asociacións de veciños e outras entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade dentro do termo municipal, para a prestación de servizos ou a realización de actividades que complementen a oferta cultural do propio Concello.

Neste caso, ningunha das entidades do ámbito veciñal ou cultural que soliciten a axuda correspondente poderá percibir, ao abeiro desta convocatoria, unha contía superior aos 2.000 euros.

Te puede interesar