O RIBEIRO

O concello de Ribadavia homenaxea ás mulleres destacadas

Lula Lira figura na lista por ser a primeira en cruzar a nado a ría de Vigo

A Concellería da Muller e Igualdade de Ribadavia homenaxea á 18 Mulleres Destacadas do Ribeiro. O acto será este sábado, ás 19,00 horas, na Igrexa da Madalena, e ten como obxectivo "poñer na primeira fila a mulleres de diferentes ámbitos, que destacaron na vida social, cultural e económica deste concello", segundo apunta a concelleira, Noelia Rodríguez.  

Nesta segunda edición, que se encadra nos actos de conmemoración do Día da Muller 2019, dáselle continuidade á idea de visibilizar a mulleres que contribuíron ao desenvolvemento social, económico e cultural. "Aínda que foron moitas as mulleres deste concello e desta comarca que son merecedoras deste recoñecemento, o noso obxectivo é seguir descubrindo pouco a pouco a cada unha delas, para que ningunha quede esquecida", engadiu a concelleira.

Entre elas figura con Premio de Honra a primeira muller depositaria municipal en Ribadavia (1930), Delfina Rodríguez, que ademais foi empresaria. Os seus bisnetos e tataranetos estarán presentes no acto. Lolín Lira conta como entre a familia se foron transmitindo unha acción da súa bisavoa, que nunca quixo facer pública: "Estando en mal estado los gigantes de Ribadavia, que desfilan en las fiestas, don Pedro y doña Ana, le encargó a una casa de Barcelona unas figuras nuevas que los sustituyeran; nunca quiso que la cosa trascendiera públicamente, hoy pienso que es una buena ocasión de que salga a la luz pública". A súa irmá Lula Lira, tamén está na lista por ser a primeira muller que cruzou a nado a ría de Vigo. "La travesía, organizada por el Club Náutico era solo para hombres. Mi Padre, el auténtico artífice del proyecto, fue a hablar con los directivos, y les propuso la idea que acogieron con entusiasmo", apunta lembrando a súa odisea de cando era estudante de idiomas no curso 1959-1960.

Te puede interesar