Os concellos do Ribeiro fanse cargo do coidado do Camiño Miñoto

Agardan completar para o verán a tramitación necesaria para solicitar o recoñecemento oficial

Alcaldes e representantes  municipais da Asociación de Concellos do Camiño Miñoto-Ribeiro na reunión de Ribadavia.
Alcaldes e representantes municipais da Asociación de Concellos do Camiño Miñoto-Ribeiro na reunión de Ribadavia.
Os concellos do Ribeiro fanse cargo do coidado do Camiño Miñoto

Onte tivo lugar unha das reunións periódicas que realizan os alcaldes dos concellos que forman parte da Asociación de Concellos do Camiño Miñoto-Ribeiro. O seu reto é conseguir o recoñecemento e homologación do camiño como Ruta Xacobea, no que están en proceso de trámite.A organización, creada ca finalidade de documentar, recuperar e catalogar o camiño, non cesou no seu empeño de obter este tan merecido logro desde o seu nacemento.

O primeiro punto tratado neste encontro foi chegar a un acordo unánime no que cada concello se fai responsable da limpeza, mantemento e coidado da zona do camiño que pasa pola súa zona. Ademáis, tamén deberán realizar una señalización a través do percorrido do mesmo e encargar un estudo do trazado perimetral correspondente. Aproveitaron esta reunión para realizar tamén trámites administrativos como a aprobación das contas.

O obxectivo que se impuxeron nesta ocasión é conseguir que os trámites poidan finalizarse para o verán do próximo ano, aínda que non todo está nas súas mans. A intención final é que para o Xacobeo de 2021, a ruta xa estea homologada.

Este camiño ten o seu inicio en Braga, Portugal, e, seguindo o camiño da Vía Nova romana, entra en Ourense pola fronteira de Portela do Home e atravesa os concellos de Lobios, Boborás, Padrenda, Vedra, Ribadavia, Pontedeva, Arnoia, Beade, Leiro, Forcarei, Cortegada, Castrelo de Miño, Entrimo, Boqueixón e Beariz. A documentación existente foi remitida ó Servicio de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en canto foi posible reunila toda, contando ca colaboración dos historiadores Castor Pérez e Xosé Ramón Estévez.