As novas instalacións, que abarcan unha superficie de 450 metros cadrados, están pensadas para o tratamiento estético da pel con viño e sementes de uva, ademais de con aceites elaborados a partires de esta froita
O acondicionamento da contorna da nave lateral do mosteiro de San Clodio, no municipio de Leiro, está a poñer fin ós traballos de transformación das antigas cortes e adegas do cenobio nun spa de viñoterapia. As obras de rehabilitación comezaron no mes de marzo do pasado ano, e no decurso delas foron atopados varios restos arqueolóxicos, entre eles un antigo sarcófago.
As novas instalacións, que abarcan unha superficie de 450 metros cadrados, están pensadas para o tratamiento estético da pel con viño e sementes de uva, ademais de con aceites elaborados a partires de esta froita. Na planta inferior acondicionáronse espazos para piscina, sauna, baño turco e unha zona de descanso, mentres a planta superior acollerá os vestiarios e catro salas de masaxes e un área para os tratamentos.
A Axencia Galega de Turismo adxudicou a execución do proxecto á constructora Copasa, por un montante de 994.000 euros. A iniciativa deste departamento autonómico foi incluída no Plan Termal da Xunta.