O RIBEIRO

Concurso de pinchos en Ribadavia e Castrelo

Os consumidores participantes terán a posibilidade de gañar diversos premios ao valorar os pinchos nas papeletas que haberá repartidas polos locais

Os Establecementos Asociados do Ribeiro presentaron onte na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro a terceira edición do Concurso de Pinchos de Outono no Ribeiro. Un concurso no que participarán 15 locais con creacións gastronómicas que van desde un ata dous euros, elaboradas con produtos outonais como a castaña ou os cogomelos. Os consumidores poderán degustar os distintos petiscos en 14 locais de Ribadavia e un de Castrelo de Miño dende hoxe ata o vindeiro día 11, en horario de 12,00 a 16,00 e de 19,00 ás 23,00 horas.

Os consumidores participantes terán a posibilidade de gañar diversos premios ao valorar os pinchos nas papeletas que haberá repartidas polos locais. Aqueles que harmonicen o seu pincho cun viño do Ribeiro poderán ser premiados cun "superlote"ofrecido polo C.R.D.O. Ribeiro, que colabora cos comerciantes.

Te puede interesar