Convenio para recuperar un antigo camiño pola beira do Miño en Cenlle

O sendeiro comunica as localidades de Laias e Razamonde, nunha zona que foi parcialmente anegada polo Miño

A recuperación dun antigo sendeiro na ribeira do río Miño será posible ó traverso dun convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Turismo e o Concello de Cenlle, que permitirá dar continuidade ó paseo existente na actualidade dende Barbantes. O obxectivo é o acondicionamento dun camiño tradicional, que xa existía con anterioridade ao encoro de Castrelo, pero que debido á dificultade dos accesos en algúns tramos foi abandonado. 

Trátase dunha paisaxe característica da comarca ourensán do Ribeiro na que se atopa Cenlle, con viñedos nas beiras do río, camiños tradicionais enmarcados con muros de pedra e bosques de vexetación autóctona moi ben conservada. Ó existier un tramo onde o espazo entre o río e o terraplén do ferrocarril é insuficiente, construirase unha pasarela voada sobre o Miño, mediante unha estrutura de madeira.

O correspondente convenio foi asinado onte pola directora de Turismo, Nava Castro, e o alcalde de Cenlle, Gabriel Alén, na Casa do Concello. 

Te puede interesar