EDUCAC

Protestas polo traslado dos escolares da ESO ó Instituto

photo_camera Instalacións do colexio Tomás de Lemos de Ribadavia.

Educación informou o último día do curso ao centro Tomás de Lemos, que perderá 178 alumnos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acomete, de cara ao vindeiro curso 2017/18, a reorganización escolar no Concello de Ribadavia, que consiste en trasladar 178 alumnos de Secundaria do colexio Tomás de Lemos, que se quedaría con 306 de Infantil e Primaria, ao IES O Ribeiro, cuxas instalacións teñen capacidade para acoller dita integración. Aseguran os responsables de Educación, que non haberá problema de desprazamento porque ambos están separados por unha valla, que se respectarán as ratios máximas de alumno por aula e se aumentarán os recursos en atención á diversidade, entre outros beneficios que sinala.

Con todo, a comunicación non foi bien recibida nin por parte da dirección do Tomás de Lemos, nin dos profesores, pais, sindicatos, nin autoridades municipais. O alcalde, Ignacio Gómez, declaraba que estes cambios son sospeitosos desde o momento que se dan a coñecer no último día do curso, cando xa non hai tempo de reacción por parte da comunidade educativa e do Concello. O rexedor apunta como motivo a unha política de recortes. A dirección do Tomás de Lemos sinala como perxuicios para os nenos a reducción de grupos e que é unha medida contra unha educación personalizada, que abarcaba desde os 3 aos 14 anos.

Tamén están en contra os sindicatos, entre eles a CIG, que sinala unha masificación do IES  Ribeiro co alumnado trasladado, o que suporá a perda de profesorado. FeSP-UGT Galicia critica tamén a falta de negociación da Delegación Provincial de Educación de Ourense, e non descarta a convocatoria de mobilizacións. Ademais, ao BNG de Ribadavia preocúpalle que sexa un primeiro paso para o peche doutros colexios dos arredores. 

Te puede interesar