PROVINCIA

A Deputación entrega 12 gaitas á Banda Infantil de Melón

A Deputación entregará en próximos días ó Concello de Melón as gaitas para que a banda municipal poida mellorar as súas destrezas musicais

A Deputación entregará en próximos días ó Concello de Melón as gaitas para que a banda municipal poida mellorar as súas destrezas musicais. Serán en torno a 12 instrumentos que sustituirán ós punteiros que ata agora estaban utilizando os rapaces da banda. Así llo confirmou o presidente da institución provincial, Manuel Baltar, á alcaldesa Cristina Francisco. Ademais, a Deputación acometerá a segunda fase de reparación e bacheos das pistas de acceso aos núcleos de poboación e das estradas dos pobos, por un importe de 100.000 euros.

O presidente tamen entregou persoalmente á alcaldesa o documento de compromiso da Deputación, con data de 26 de marzo, correspondente á financiacion con 50.000 euros, para a redacción do novo Plan Xeral de Ordenacion Municipal (PXOM) dacordo á actual lei urbanística.

Unha sentencia xudicial, tras a denuncia de un veciño, anulou o anterior plan, polo que o Concello vese obrigado agora a iniciar un novo proceso para a súa redacción. Cristina Francisco mostrouse satisfeita co resultado da reunión e agradece "o apoio por parte do presidente porque estas tres demandas son moi importantes tanto para os nenos da banda de gaitas como para os veciños en xeral", sentenciou a alcaldesa.

Te puede interesar