SUCESO

Discrepancias en Ribadavia polo accidente dun traballador

Fontes do equipo de goberno manifestaron que "temos que defender os intereses do Concello, e será un xuiz quen decida finalmente"

O grupo municipal de Ribeiro en Común vén de facer pública a súa intención de esixir información da alcaldía sobre un accidente sufrido por un traballador do Concello de Ribadavia. Esta formación política solicita que se lle recoñeza ó empregado municipal os danos físicos sufridos. Nembargantes, fontes do equipo de goberno manifestaron que "temos que defender os intereses do Concello, e será un xuiz quen decida finalmente", en engaden que "entendemos que o sucedido non ten que ver cun accidente laboral". 

Te puede interesar