MEJORAS

Os empresarios piden melloras na súa sede

Sindical_result
photo_camera Edificio da Casa Sindical de Ribadavia, ubicada no barrio de San Francisco.

En opinión da Asociación de Empresarios, o técnico únicamente realizou unha avaliación do estado do edificio, "concluindo que é necesario facer obras en todo o inmoble, algunas de gran urxencia debido ó estado no que se atopa",

O estado de deterioro da Casa Sindical de Ribadavia está a motivar queixas por parte da Asociación de Empresarios do Ribeiro,  entidade que, xunto coas centrais sindicais, ten a súa sede neste edificio ubicado entre a igrexa de San Francisco e o río Avia.

Os directivos da asociación indican que, despois de enviar varios escritos ó Ministerio de Emprego informando da situación da infraestructura do edificio, recibiron no día de onte a visita do xefe de área de Obras e Proxectos da subdirección do devandito departamento estatal. Según apuntan, o representante deste organismo desprazouse a Ribadavia co fin de facer unha valoración e posterior memoria das actuacións que hai que levar a cabo na Casa Sindical.

En opinión da Asociación de Empresarios, o técnico únicamente realizou unha avaliación do estado do edificio, "concluindo que é necesario facer obras en todo o inmoble, algunas de gran urxencia debido ó estado no que se atopa", mentres confían en que esta visita dea os seus froitos e poida ser arranxado. 

Te puede interesar