NATUREZA

Os escolares do centro Amencer plantarán castiñeiros en Ribadavia

A xornada terá lugar o 28 ou o 29 deste mes de marzo, dependendo das previsións sobre as condicións climatolóxicas. 

Co gallo da celebración do Día da Árbore, os alumnos dos CRA Amencer (Centro Rural Agrupado) desenvolverán unha xornada de clase especial, que inicialmente estaba prevista para hoxe, pero debido as malas condicións climatolóxias aplazouse para o martes ou mércores da próxima semana. 

Este ano, propúxose por parte do Concello de Ribadavia, unha iniciativa moi ben acollida polo persoal docente a prol da natureza. Cada alumno, durante a última festa do Magosto, plantou nun testo a súa propia castaña, para coidala co obxectivo de plantar o castiñeiro na área recreativa da Veronza,  con motivo da celebración do Día da Árbore. 

A concelleira de Cultura, María López Touza, declaraba que "desde o Concello parécenos unha medida a prol da recuperación das nosas especies autóctonas e unha forma de transmitirlle aos nenos a importancia de coidar os nosos valores e especies tradicionais, tan maltratados nesta época, tanto pola introdución de especies invasoras como polos incendios que por desgraza padecemos cada verán". 

Nese sentido, considera a concelleira que "é o noso legado e temos a responsabilidade de facelo perdurar tal e como o coñecemos.

A xornada terá lugar o 28 ou o 29 deste mes de marzo, dependendo das previsións sobre as condicións climatolóxicas. 

Te puede interesar