VIÑOS

A Estación de Viticultura fai unha cata en Zaragoza

Esta cata fíxose cos viños que resultaron gañadores no I Certame internacional de brancos galegos

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), adscrita á Consellería do Medio Rural, e a Asociación Galega de Enólogos (Age) organizaron onte unha cata de viños brancos galegos no marco do 21 Salón internacional de maquinaria e equipos para bodegas e do embotellado (Enomaq), que se celebra desde o pasado martes e ata o venres, en Zaragoza.

Esta cata fíxose cos viños que resultaron gañadores no I Certame internacional de brancos galegos celebrado os días 8, 9 e 10 do pasado mes de novembro de 2016 en Ourense, e que foron Dolores Fontán Limeres; Bodegas Martín Códax, S. A. U; Enoturismo Acha S.L. - Davide (os tres da Denominación de Orixe Rías Baixas) e a adega Amodiño, S. L, do Ribeiro.

Ademais, realizouse unha cata e presentación do viño branco Evega 2015, o primeiro de carácter institucional que elaborou a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. 

Te puede interesar