O RIBEIRO

Expertos reclaman cambiar o modelo económico do rural

<p></p>
photo_camera Participantes na xornada sobre o medio rural de Galicia no século XXI que se celebrou en Ribadavia.

Sinalan que ocupa o 75% da Comunidade, consó o 25% da poboación e o 20% do PIB

Os expertos que participaron onte no Foro Económico de Galicia, que se desenvolveu ao longo da xornada de onte no complexo Casal de Armán, en Ribadavia, plantexaron cambiar radicalmente o modelo económico da Galicia rural. Este Foro é unha plataforma está integrada por máis de 50 profesores e investivadores das tres universidades galegas, empresarios e directivos e xornalistas especializados en divulgación económica.

Os participantes na xornada debateron nove traballos con propostas para potenciar a base económica e mellorar a calidade de vida da poboación rural galega.

Os traballos presentados polos economistas e empresarios participantes nos debates propoñen solucións para o rural galego, que representa o 75% do territorio pero só conta co 25% da poboacións e menos do 20% do PIB. "O rural xa non é principalmente agrario, máis aínda non é outra cousa", resumía Edelmiro López Iglesias, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago e un dos coordinadores da xornada. Segundo os seus datos, só a cuarta parte dos habitantes do rural galego teñen a agricultura como actividade principal.

José González, propietario das bodegas Casal de Armán, puxo o exemplo do seu proxecto empresarial. "Para mercar só nove hectáreas abandonadas para plantar viñedos descubrimos que eran 101 parcelas, que ningunha estaba inscrita e que so 17 estaban no catastro co nome do propietario.

Os participantes na xornada deseñaron unha serie de propostas para a Galicia rural do século XXI, que se basean en tres enfoquesn: os habitantes, as terras e as demandas actuais da sociedade. Para os habitantes os expertos propoñen medidas que xeren novas oportunidades económicas e de emprego e solución para a dotación de servicios públicos e privados a través da súa concentración nas cabeceiras de comarca e da mellora do transporte e o accesoa internet.

Tamén se propón a reorganización administrativa, vía comarcalización ou fusiópn de concellos.Asimismo, para as terras, propoñen medidas dirixidas a que os terreos abandonadas produzan, partindo dunha ordenación dos usos, agrogandeiros, forestais, industriais, turísticos.

Te puede interesar