Exposicións e contacontos polas rúas de Ribadavia

<p></p>
photo_camera Os nenos de Ribadavia disfrutaron co Contacontos.

Ribadavia celebou o Día das Letras Galegas cun Contacontos infantil, que co título "Os xoguetes de Clio", ofreceu aos máis pequenos o grupo Polo correo do vento, que contou coa asistencia dun bo número de rapaces. Ao remate, a Concellería de Cultura, que dirixe María López Touza, repartiu libros de agasallo da obra infantil "A galiña azul" de Carlos Casares aos nenos participantes nesta actividade que se desenvolveu na Praza Maior e rúas do casco histórico, a partir do mediodía.

Por outra banda, a Concellería de Cultura tamén dispuxo dunha exposición sobre as obras e cartelería relacionada co autor ao que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas, Carlos Casares, e unha segunda mostra sobre as novidades editoriais en galego, que se puideron ver na Biblioteca pública municipal. 

Te puede interesar