TRÁFICO

Ferida grave unha moza de Ribadavia tras sufrir unha saída de vía en Vilamarín

O sinistro tuvo lugar este xoves as 18,00 horas

S.R.F., de 21 anos e natural de Ribadavia, resultou ferida grave este xoves tras ter un accidente de tráfico en Vilamarín (Ourense), segundo informa a Garda Civil de Tráfico.

O sinistro, unha saída de vía pola marxe esquerda que significou o choque do turismo contra un noiro, produciuse sobre as 18,00 horas deste xoves.

A Garda Civil informa de que a moza sufriu feridas de carácter grave con esta saída de vía na OU-0527, na estrada que conecta Sobreira con San Martiño.

Te puede interesar