POLÍTICA

O grupo Ribeiro en Común pide un plan para recuperar o Avia

Brais Fidalgo reclama unha intervención inmediata no río, comezando dende a ponte que une a Quinza e San Cristovo ata a desembocadura do Avia no Miño

O representante do grupo político Ribeiro en Común de Ribadavia vén de solicitarlle ó goberno local que interveña de maneira urxente na limpeza e retirada de árbores secas, maleza e lixo do río Avia e das súas ribeiras ao seu paso polo termo municipal. Así mesmo, o concelleiro Brais Fidalgo demanda que se aprobe a elaboración por parte do Concello dun plan de recuperación do Avia e das súas ribeiras ao seu paso polo municipio.

O portavoz de Ribeiro en Común fai referencia ó lixo acumulado no cauce, procedente "de diferentes festividades e do comportamento incívico dunha minoría, árbores secas amontoadas, maleza, pólas secas e restos de leña que propician unha imaxe dun Avia abandonado e sen vida".

Así, Brais Fidalgo reclama unha intervención inmediata no río, comezando dende a ponte que une a Quinza e San Cristovo ata a desembocadura do Avia no Miño.

Te puede interesar