O RIBEIRO

Grupos de scouts limpan as zonas queimadas no monte de Melón

Os rapaces levan a cabo tarefas para a rexeneración das especies autóctonas danadas pola vaga de lumes de 2017

A asociación Amigos da Terra en colaboración co grupo local Vergasta e a MVMC e O Tourón ten previsto continuar coas accións de rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón) que están levando a cabo dende o outono do ano pasado. Dende o pasado martes 17 e ata o vindeiro martes 24 de xullo, estarán convivindo no mesmo monte dous grupos Scouts, AEIG Rudyard Kipling e AEIG Itaca, procedentes de Barcelona con máis de 40 rapaces e rapazas entre 14 e 17 anos.

Posteriormente, dende o 25 de xullo ata o 1 de agosto tomará o relevo o grupo AEIG Maspons i Anglasell con 15 rapaces e rapazas entre 11 e 13 anos. A súa presenza responde ao chamamento de colaboración que levaron a cabo estes grupos coñecedores das terribles consecuencias da vaga de incendios que tivo lugar en Galicia en outubro do ano pasado.

Os traballos que se van a levarán a cabo nesta ultima quincena de xullo serán, entre outros, a eliminación de vexetación que compita cas árbores frondosas autóctonas plantadas nos anteriores meses, preparación para a rega das mesmas en época de seca, erradicación de plantas invasoras como mimosas ou eucaliptos,  e eliminación de material vexetal queimado.

Te puede interesar