O RIBEIRO

Homenaxe en Ribadavia a Jesús Cortés e Odette Pérez

Colocarase unha placa na sua honra en agradecemento ao seu labor e compromiso co deporte.
 

O campo fútbol de herba artificial de Ribadavia acolle hoxe, ás 21,00 horas, unha homenaxe a Jesús Miguel Cortés, falecido o pasado mes de marzo e coñecido popularmente por Sumi. É un recoñecemento que fai o Concello polo seu activismo no eido do deporte. Colocarase unha placa na sua honra en agradecemento ao seu labor e compromiso co deporte.

Tamén para mañá, ás 12 horas, rendese homenaxe a Odette Pérez Quintas, coñecida por Anita. O Concello de Ribadavia organiza este acto, que terá lugar ás 12,00 horas no salón de plenos da Casa Consistorialo, adicado a esta veciña de Francelos que considera "incansabel nas causas de xustiza social e no eido cultural, á sua vontade e loita para contribuir ao benestar, desenvolvemento e mellora da vida dos seus veciños", segundo sinala o concelleiro en funcións de Cultura, José Prieto.

Te puede interesar