TECNOLOXÍA

A Internet de alta velocidade chega ó polígono de Ribadavia

O servizo estase a implementar noutros catro parques tecnolóxicos da provincia

O Polígono Industrial de Ribadavia dispón xa de Internet de alta velocidade grazas ó Plan de Banda Larga da Xunta, que pretende que chegue a modernización tecnolóxica a todos os espazos de Galicia. As empresas do polígono poden contratar servizos de Internet de fibra óptica de 350 Mbps sen límites de descargas.

A compañía R, encargada de implementar este servizo, asegura poñer nas mans de todas as empresas incluídas neste plan, a tecnoloxía necesaria para levar a cabo esta transformación tecnolóxica. As vantaxes das que dispoñen agora van dende poder realizar videoconferencias ata o acceso ó chamado Internet das Cousas. Non será necesario unha inversión a maiores por parte destas empresas, só se pagará polo uso que eles fagan do servicio ofrecido.

O servizo estase a implementar noutros catro parques tecnolóxicos da provincia. As previsións da Xunta contemplan que para o 2018 sexan 12 as áreas empresariais que dispoñan del nas mellores condicións, así como conseguir que se chegue a toda a comunidade autónoma.

Te puede interesar