Leiro aproba obras de mellora en rúas e pistas do Concello

O pasado 14 de xullo, a xunta de goberno tamén deu luz verde ó proxecto da obra de reforma da rúa Leiro Pequeño

A xunta de goberno local de Leiro aprobou dous proxectos técnicos de obras de acondicionamento de diferentes rúas e pistas do municipio, por un importe global superior ós 86.200 euros. O primeiro deles corresponde á denominación “Mellora camiños Leiro 2017-2018”, integrado no Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018, e que foi redactado polo arquitecto Óscar Menor Tesouro, cun orzamento de execución por contrata de 36.207 euros. 

O pasado 14 de xullo, a xunta de goberno tamén deu luz verde ó proxecto da obra de reforma da rúa Leiro Pequeño, que suporá un investimento de 50.000 euros, e que na actualidade se atopa no periodo de exposición pública.

O Concello de Leiro está a desenvolver un programa de rehabilitación de rúas e prazas do casco urbán da capitalidade, no que se siguen as liñas marcadas pola Dirección Xeral de Patrimonio. Éste foi o caso da reforma da rúa Samuel Eiján, que financiou na súa totalidade a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio con 170.000 euros. 

Esta obra veuse a sumar a outras realizadas nos último anos e seguindo a mesma estética, como foi o caso das rúas Estévez Carrera, do Prado, a praza Rei de Viana e o acceso á paraxe do Salgueiral, cun investimento global duns 400.000 euros. 

Te puede interesar