EXPOSICIÓN - MOTOR

Os locais de Ribadavia expoñen 16 motos clásicas

<p></p>
photo_camera Unha das motos expostas nun local de Ribadavia.

É o anticipo da terceira edición da concentración de este tipo de vehículos, que terá lugar o próximo domingo

A exposición dun total de 17 motos clásicas en 16 establecementos comerciais de Ribadavia anticipa a terceira edición da concentración deste tipo de vehículos que se levará a cabo o vindeiro domingo, dentro do programa das festas na honra da Virxe do Portal. A organización deste evento deportivo e de confraternidade conta coa participación de máis de 60 afecionados chegados da provincia e do resto de Galicia.

Unha celebración que ten hoxe o seu día grande coincidindo coa festividade da patrona, e que comezará ás 10,00 coa recepción dos alcaldes da comarca e outras autoridades na Casa do Concello, que participarán media hora máis tarde da procesión da Virxe, acompañada pola banda de música A Lira polas rúas da vila ata a igrexa de Santo Domingo. Alí está previsto, ás 12,00, que o bispo de Ourense, monseñor Lemos Montanet, presida a misa solemne, cantada pola coral polifónica do Clube Artístico, e na que o alcalde de Cortegada, Avelino de Francisco, será o encargado de trasladar as peticións dos municipios á patrona do Ribeiro.

O centro social da Madanela será o escenario de "Mergullámonos", unha sesión de contacontos con música e danza, que comezará ás 18,00, e a banda A Lira, acompañada polas corais Ecos do Avia, Clube Artístico e Orfeón do Carballiño, ofrecerán "Unha noite de zarzuela", dende as 20, 30 no auditorio do Castelo.

Na Alameda terá lugar o concerto estelar do cantante Manu Tenorio, ás 23,30, mentres un espectáculo pirotécnico porá fin á primeira xornada de festexos na fachada do Castelo.

Te puede interesar