TURISMO | PROMOCIÓN

A Mancomunidade puxo en marcha o xeodestino turístico

<p></p>
photo_camera Francisco Fernández, Rosa González, Dacal e Fumega, diante dos paneis.

Os concellos que a conforman deseñan un programa conxunto e repesentativo da súa oferta

A posta en valor dos recursos patrimonais, naturais e gastronómicos das comarcas do Ribeiro e Carballiño é o obxectivo da posta en marcha do "Xeodestino turístico" por parte da mancomunidade Terras do Avia. Así o expresou onte o presidente de este órgano intermunicipal, Francisco José Fernández, unha vez que o proxecto xa conta co visto bó da Xunta de Galicia. O tamén alcalde de Leiro manifestou que "a nosa intención é conseguir a implicación dos 21 concellos agrupados ó redor do xeodestino", unha das zonas elexidas polo departamento autonómico de Turismo para a súa promoción cara ó exterior.

Por iste motivo, a mancomunidade convocará ós alcaldes dos 19 municipios das devanditas comarcas e tamén ós de Amoeiro e Pontedeva, integrados no Xeodestino, a fin de establecer os criterios de selección daqueles aspectos locais que teñan máis relevancia para elaborar un programa conxunto e representativo de oferta turística. Neste sentido, foron presentados na Casa do Concello de Leiro os novos paneis publicitarios que identificarán os eventos máis salientables de Ribadavia, Boborás, Leiro e Carballiño, que conforman Terras do Avia, nas feiras e exposicións nacionais e internacionais.

Respectivamente, a Mostra Internacional de Teatro e a Festa da Historia; a romaría da Saleta e a Danza das Mudaciós; a Festa da Vendima e o Cross popular, e as festas do Pulpo e da Cachucha.

Asimesmo, a mancomunidade turística distribuirá un total de 500 pegatinas cun código QR, único que servirá para identificar en calquera momento cos teléfonos móbiles os monumentos, rutas ou aquelas actividades que se desenvolvan nos catro concellos.

Por outra banda, Francisco José Fernández, referiuse ó acondicionamento, no vindeiro mes de novembro, dos 67 quilómetros de sendeiros que enlazan as dúas comarcas, e que precisan dunha nova catalogación. Ó respecto, indicou que se acometerán tarefas de limpeza dos camiños e a reposición dos paneis indicativos que están estragados.

O presidente de Terras do Avia estivo acompañado por Francisco Fumega e Manuel Dacal, alcalde e edil de Turismo do Carballiño, respectivamente, e pola tenente de alcalde de Boborás, Rosa González.

Te puede interesar