OBRAS

Manuel Baltar supervisa obras en Leiro e Arnoia

baltar,_arnoia_result
photo_camera Manuel Baltar, co alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio.

Son proxectos termais, viarios e medioambientais apoiados pola Deputación

O presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, percorreu onte os municipios de Leiro e Arnoia, dentro da rolda que está a realizar polos concellos da provincia de Ourense, coa finalidade de visitar obras dos ámbitos termal, medioambiental e viario, levadas a cabo co apoio da Deputación.

Durante a visita ao Concello de Leiro, Manuel Baltar foi recibido na Casa Consistorial polo alcalde, Francisco José Fernández, con quen analizou varios temas e proxectos relacionados cos ámbitos das infraestruturas viarias e medioambientais. A continuación, Manuel Baltar, acompañado por Francisco José Fernández, visitou a senda fluvial do río Avia na que, por medio dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Leiro, se levou a cabo un proxecto de recuperación dun tramo do camiño peonil da marxe dereita do río Avia.

Seguidamente Manuel Baltar desprazaouse ata o Concello de Arnoia, onde se reuníu co rexedor local, Rodrigo Aparicio, con que visitou o Val de San Vicente, onde a Deputación de Ourense está a realizar obras de remodelación da senda peonil. 

Finalmente, o presidente provincial percorreu a zona termal de Arnoia, onde está previsto levar a cabo actuacións de mellora e acondicionamento.

Te puede interesar