CULTURA

A Mostra de Teatro, nun congreso en Francia

Roberto Pascual será o único galego que participará no encontro internacional de artes escénicas, xunto con outros artistas e prestixiosos investigadores do resto de España, de Europa e de Iberoamérica

O director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Roberto Pascual, foi invitado pola Universidade Paul-Valéry Montpellier 3, e o Teatro La Vignette a intervir no Congreso Internacional "A creación escénica contemporánea á hora da mundialización: circulacións, influencias e hibridacións". Celébrase do 22 ao 24 de marzo en Montpellier (Francia), con espectáculos de Cristian Flores (Chile), Lola Arias (Arxentina) e Pablo Larraín (Chile).

Roberto Pascual será o único galego que participará no encontro internacional de artes escénicas, xunto con outros artistas e prestixiosos investigadores do resto de España, de Europa e de Iberoamérica como Cristian Flores (Chile), Lola Arias (Arxentina), Óscar Cornago (España), Gabriel Calderón (Uruguai), Fabrice Corrons (Francia) ou Pablo Larraín (Chile), entre moitos outros.

O director da MIT intervirá na mesa redoanda titulada: "A internationalización da programación escénica : da diversidade á uniformización?", xunto con directores doutros festivais escénicos internacionais coma o Festival Sens Interdit  de Lyon ou o Don Quijote de París. O encontro internacional está organizado polos profesores do Departamento de Teatro da Universidade Paul-Valéry Montpellier 3, Laurent Berger e Adeline Chainais, e conta coa colaboración, entre outros, do Centro Dramático Nacional de Montpellier.

Te puede interesar