celebración

Música, arte e gastronomía no festival de ukelele Ukp Day

O lexendario Víctor Coyote será o cabeza de cartel desta segunda edición

Ribadavia celebra o próximo 3 de xuño a segunda edición do Ukp Day. Un festival de música, arte, obradoiros e gastronomía, onde o principal protagonista é o ukelele. O festival naceu a raíz do proxecto artístico Ukelele Kit Project (UKP) e celébrase dentro do castelo medieval de Ribadavia.

O lexendario Víctor Coyote (Los Coyotes, Xabarín Club, etc) será o cabeza de cartel desta segunda edición que tamén contará coa presenza de outros grupos galegos como os ourensáns Bestlife UnderYourSeat ou os recentes finalistas do programa Got Talent de Telecinco, Ukeand the Leles​.

Acompañan tamén os grupos nacionais: Lansbury ​(Barcelona) e Ukelele Joe & His Hula Shakers (Oviedo); mentres que ademais, do ámbito internacional contarase co grupo portugués Minta & The Brook Trout. 

Te puede interesar