Nova motobomba para os voluntarios de Castrelo

O Concello de Castrelo de Miño ten en conta a excelente labor realizada desinteresadamente polos máis de 30 voluntarios de Protección Civil, tanto na parte de prevención e vixiancia dos incendios, como na extinción e pronto auxilio que prestan, polo que as autoridades locais decidiron atender a solicitude feita por esta agrupación, adquirindo unha motobomba forestal de 3.500 litros, con cabina larga para 5 bombeiros, e armarios laterales onde levar todos os traxes e equipamento de extinción. "Con isto mellorase o equipamento, gáñase en seguridade e gáñase en velocidade de intervención", apuntaba o alcalde, Xurxo Rodríguez.

Para mañá, de 11,00 a 13,00 horas, está prevista no Parque Náutico unha xornada de formación dirixida a todos os voluntarios para explicarlles o manexo da motobomba.

Protección Civil creouse no 2008, e desde 2009 mantén activo no verán un grupo local de pronto auxilio, que vixila os montes entre xuño e outubro, ademáis de realizar traballos de intervención e extinción de incendios.

Te puede interesar