O RIBEIRO

Novo firme para dez rúas da contorna de Ribadavia

Uns traballos que rematarán a finais do mes de agosto, e para os que o Concello conta coa colaboración da Deputación provincial

O estado de deterioro do firme de varias rúas existentes na contorna de Ribadavia motivou ó equipo de goberno do Concello á elaboración dun proxecto para a súa mellora con riego asfáltico. Trátase dun total de dez vías de comunicación nas parroquias do rural e da periferia do casco urbán da vila, das cales xa están executadas sete nas parroquias de San Paio, Francelos, San Cristovo e Santo Domingo.

"Aínda nos faltan por acometer tres rúas en San Cristovo e na localidade de Prexigueiro, xa que por ser máis estreitas precisan da utilización doutro tipo de maquinaria para o asfaltado", comenta o concelleiro de Obras, Javier Iglesias.

Uns traballos que rematarán a finais do mes de agosto, e para os que o Concello conta coa colaboración da Deputación provincial. "Nós poñemos os materiais e o combustible e eles o personal e as máquinas", apunta o edil. Este convenio permite un aforro considerable ás arcas municipais, xa que destas saen tan só 25.000 euros para un custe estimado global de 100.000 euros. 

Te puede interesar