O novo pleno do Consello Regulador reunirase hoxe

Os membros electos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro están citados hoxe para a constitución do pleno deste organismo

Os membros electos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro están citados hoxe para a constitución do pleno deste organismo, no que tamén se procederá á elección de novo presidente, tendo en conta que o actual, Felicísimo Pereira, manifestou a súa intención de non presentar candidatura.

Na reunión, prevista para as 13,00 horas, participarán tres representantes dos viticultores, dous de adegas, un das cooperativas e outro polos colleiteiros. Ata o momento descóñecese públicamente calquera tipo de posible candidatura interesada en optar á presidencia do Consello, se ben no caso de que hoxe non haxa un candidato de consenso, o pleno aínda terá outra oportunidade.

Así, no regulamento electoral contémplase a data do vindeiro mércores 26 de xullo para unha nova convocatoria plenaria á mesma hora, na que os representantes electos deberán designar a persoa encargada de presidir o Consello Regulador.

Te puede interesar