INAUGURACIÓN

Novos servizos no Parque Náutico de Castrelo de Miño

As novas instalacións teñen como principal infraestructura a apertura dunha cafetería, que se atopa ubicada nunha á do edificio

O Concello de Castrelo de Miño inaugurou onte as novas instalacións do seu Parque Náutico, que coincidía coa celebración dunha nova feira, á que asistiron centos de persoas procedentes de toda a comarca.

As novas instalacións municipais do Parque teñen como principal infraestructura a apertura dunha cafetería, que se atopa ubicada nunha á do edificio. Segundo explica o alcalde de Castrelo, Xurxo Rodríguez, con este servizo amplíase a oferta das instalacións dun edificio que xa conta cunha sala de exposicións, unha oficina de información turística e un albergue con capacidade para 60 persoas, que ten unha gran demanda na temporada estival, en canto comezan a desenvolverse as actividades e competicións náuticas no encoro.

Coincidindo coa inauguración das novas dependencias, onte tamén se celebrara outra edición da Feira de Castrelo, ubicada no recinto acondicionado no devandito parque para esta actividade. Arredor dun cento de postos de venta se abriron na mesma, que ofrecían todo tipo de productos, desde roupa a calzado, libros, múcica, pan e doces, viveiros, charcutería, así como productos para a horta, a viña e as adegas.

Na Feira existe un espazo que abrangue arredor de 20 postos que está reservado polo Concello para os artesáns de Castrelo así como para que os veciños do Concello que o desexan poidan vender os excedentes da producción das súas hortas e fincas.

Te puede interesar