XOGOS

Novos xogos no parque recreativo de A Veronza

Columpios en A Veronza (Ribadavia)
24-7-17
photo_camera Un dos novos xogos instalados no parque recreativo de A Veronza.

Os rapaces da vila e da comarca xa dispoñen duns novos xogos na área recreativa ubicada no parque de A Veronza, en Ribadavia

Os rapaces da vila e da comarca xa dispoñen duns novos xogos na área recreativa ubicada no parque de A Veronza, en Ribadavia. As instalaciones foron proporcionadas polo servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación provincial, que mantén unha liña de colaboración co Concello local, pola que tamén os operarios deste departamento se encargan de tarefas de apoio para limpeza e mantemento deste espazo.
As autoridades municipais decidiron a reposición desta área infantil, tendo en conta que os columpios atopábanse nun avanzado estado de deterioro, logo de moitos anos de soportar os efectos da humidade procedente do río Avia, que discurre preto da Veronza.

Según comentaron dende o goberno municipal ribadaviense, nos vindeiros días repoñeranse tamén as unidades de mesas e bancos que foron retiradas, mentres prevén a creación no mesmo parque dunha zona reservada para cans e outro tipo de mascotas. Os técnicos do devandito servizo provincial serán os encargados do deseño e acondiconamento deste novo espazo. 

Te puede interesar