FORMACIÓN

O obradoiro de emprego do Ribeiro comeza coa selección do alumnado

As bases están a disposición do público tanto na oficina de Emprego de Ribadavia como nos taboleiros de anuncios dos tres municipios participantes.

O obradoiro de emprego xuveníl "Resinas do Avia e Miño", do que forman parte os concellos de Ribadavia, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño, xa fixo públicas as bases para a selección do alumnado e do persoal docente e administrativo, a fin de iniciar a súa andaina a finais do presente mes de setembro. Os requerimentos que teñen que cumplir os alumnos convocados son o de ser maior de idade e estar inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ademais de estar empadroados nalgún dos tres municipios participantes.

Nos baremos para acceder á selección prímase, co máximo de tres puntos, ter unha idade comprendida entre os 24 e os 30 anos; non ter experiencia laboral e posuir un nivel baixo de cualificación profesional. Tamén se otorgan seis e catro puntos máximos, respectivamente, a aqueles aspirantes que teñan planificado o seu itinerario profesional e non recibiran atención a pesares de ser beneficiarias do devandito sistema. As bases están a disposición do público tanto na oficina de Emprego de Ribadavia como nos taboleiros de anuncios dos tres municipios participantes.

Te puede interesar