Oposición á supresión dunha das dúas aulas de Francelos

O Concello de Ribadavia solicitou unha reunión cos responsables de Xefatura provincial de Educación co fin de evitar que se suprima unha das dúas aulas que ten o colexio de Francelos

O Concello de Ribadavia solicitou unha reunión cos responsables de Xefatura provincial de Educación co fin de evitar que se suprima unha das dúas aulas que ten o colexio de Francelos, nas que se repartían 14 nenos de Infantil e Primaria. Este colexio forma parte do Centro Rural Agrupado Amencer, tamén integrado por os colexios de San Paio e San Cristovo.

A intención da Consellería de Educación de suprimir unha das aulas xunto con un dos dous profesores suscitou preocupación na comunidade educativa de Ribadavia, autoridades locais e os pais, xa que para o curso que ven non só serán 14 escolares senón que as previsións apuntan a que serán 18, ós que se pretende xuntar nunha soa aula, que ademáis é de reducidas dimensións, segundo apuntou o alcalde en funcións, José Prieto.

Con tal motivo, no último pleno aprobouse unha moción por unanimidade para que se manteñan as dús aulas e os dous profesores, do mesmo xeito que se pronunciaba previamente o Consello Escolar, o Claustro de Profesores e a Asociación de Nais e Pais. O concelleiro do BNG, Anxo Collarte, manifestaba a súa preocupación no senso de que esta medida tamén pode conlevar a compartir ós profesores especializados de música, inglés e educación física con outros colexios en detrimento do centro Amencer.

Te puede interesar