POLÍTICA

O PP critica ao goberno pola programación das Festas do Portal

Para os populares, as actuacións estelares propostas polo goberno socialista non tiveron o respaldo do público

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia considera que a programación  das pasadas Festas do Portal de Ribadavia foi "das máis pobres" no que se refire a oferta de espectáculos dos últimos anos, deixando de lado orquestras, charangas e grupos de música tradicional. Para os populares, as actuacións estelares propostas polo goberno socialista non tiveron o respaldo do público e a escasa e tardía promoción, unida á "nefasta" organización de venda de entradas,  ocasionaron unha asistencia moi por baixo da esperada. O voceiro do PP, César Fernández, apunta que "cada vez máis, estes festexos espertan menos interese na pocomarca, sendo a asistencia de público cada vez menor debido a que non se realiza unha programación atractiva para todos os públicos".

Te puede interesar