RIBADAVIA

O PP desbota toda opción de cambio en Ribadavia

César Fernández quixo tamén agradecer o apoio "a todas as persoas de Ribadavia que ao longo deste período nos manifestaron as suas ganas de cambio".

O presidente do Partido Popular de Ribadavia, César Fernández, laiouse onte nun comunicado da oportunidade que a vila ribadaviense vén de perder logo de coñecérense as posturas das forzas de esquerda na oposición municipal, BNG e Ribeiro en Común.

Según di o voceiro 'popular', "é difícil de entender que o permanente uso da mentira, a manipulación, a falta de respecto cara á oposición e a constante e permanente violación dos acordos plenarios que ten caracterizado ao actual goberno socialista non fosen razón suficiente para que os grupos de esquerda deixaran a un lado as siglas e se prestaran a participar nun proxecto común, limpo e democrático para reverter a preocupante situación na que se atopa Ribadavia".

Considera Fernández que "o cordón sanitario ao PP propiciado polos grupos que antepuxeron as siglas aos intereses dos veciños supón unha oportunidade perdida para Ribadavia e convalidan a política de inacción, censura e insulto que está a levar a cabo o actual rexedor", di o líder do Partido Popular. 

César Fernández quixo tamén agradecer o apoio "a todas as persoas de Ribadavia que ao longo deste período nos manifestaron as suas ganas de cambio".

Te puede interesar