SERVIZOS

O PP propón que a rede de auga de Ribadavia chegue a As Chabolas e A Groba

Prexigueiro. 22-08-17. Provincia. Termas e balneario termal de Prexigueiro. Na foto as pozas ó carón do rio.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Unha medida que propón o PP é a mellora do entorno de Chan de Baño, no Prexigueiro.

É una das 23 iniciativas que plantexa para incluir nos presupostos de Ribadavia para o ano 2018

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia plantexa ó goberno municipal que acometa a obra de extender a rede municipal de abastecemento de auga e saneamento ás localidades  de As Chabolas, A Groba e Sanín. Esta é unha das 23 propostas que realiza o grupo "popular" para  incluir no orzamento municipal de 2018.  Segundo o portavoz do PP, César Fernández, o documento que presentan pretende "satisfacer moitas das demandas que formula a veciñanza" e agarda que o goberno as atenda, xa que "non pode seguir dando as espaldas a actuacions moi necesarias para a mellora do noso concello".

Aparte da xa citada ampliación da rede de auga a As Chabolas, A Groba e Sanín, o PP reclama a reforma da rede de abastecemento e saneamento de San Critobo, así como acometer a actuación integral de humanización e mellora das aceras nesta localidade. Reclama tamén recuperar a partida orzamentaria de 60.000 euros para a mellora de infraestruturas no medio rural, co fin de arranxar o camiño da Eiroa en Esposende e o do Coto en Sampaio, así como una partida orzamentaria para o arranco de camiños en Ventosela, que se atopan "nun estado lamentable". 

Reclaman os "populares" a humanización e mellora das beirarrúas da rúa Piñeiral e a continuación desta beirarrúa ata a Franqueirán. Tamén pide unha partida orzamentaria para crear "un servizo de madrugadores" para favorecer a conciliación laboral e familiar, así como mellorar e ampliar a "Galiña Azul".  Outras propostas do PP son a reforma, humanización e acondicionamento da praza de “As Banquetas”, a mellora do entorno da capela de Santa Cristina e da igrexa de Esposende e garantir o abastecemento de auga da localidade de Santo André de Camporredondo.

 Así mesmo, propón manter reunións coas asociacións veciñais daquelas localidades que non contan con abastecemento e saneamento de auga servido polo concello para propoñerlles a municipalización. O  documento do PP inclúe, entre outras medidas, acometer unha mellora no entorno de Chan do Baño en Prexigueiro, co adecentamento do muíño e todo o entorno do río, construíndo un área recreativa para o lecer da veciñanza.

O PP quere que se aumenten as achegas municipais ás asociacións que dinamizan a actividade cultural do concello para acadar as seguintes cantidades de subvención nas súas actividades: 6.000 euros para a Noite Meiga, 14.000 á Festa da Istoria, 5.000 ó Festival Arteficial, así como unha Subvención Banda de música A Lira de 15.000 euros 

Propón, tamén, que se aumente a partida de subvencións a clubes e entidades deportivas ata os 10.000 euros, e a partida de subvencións para a eventos deportivos ata os 6.000 euros.

Te puede interesar