CONCELLO

O PP quere que se manteña a carreira pedestre de Ribadavia

O voceiro do grupo popular, César Fernández, sinalou que “temos serias dúbidas de que se vaia celebrar esta cuarta edición da carreira xa que, a día de hoxe, aínda non está aberto o prazo de inscrición para os deportistas

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia vén de presentar un escrito no rexistro municipal interesándose pola celebración da que sería a cuarta edición da Carreira pedestre de Ribadavia. Este evento deportivo, que atraía un importante número de participantes celebrouse no último ano coincidindo coas Festas do Portal. Na solicitude presentada na mañá de onte, o PP pide ao goberno municipal que aclare "se este ano se vai a celebrar esta cuarta edición da carreira ou se, pola contra, estamos ante un novo evento deportivo que desaparece da axenda municipal, como ten ocurrido con outros ao longo deste ano".

O voceiro do grupo popular, César Fernández, sinalou que “temos serias dúbidas de que se vaia celebrar esta cuarta edición da carreira xa que, a día de hoxe, aínda non está aberto o prazo de inscrición para os deportistas, nin aparece a celebración da mesma en ningunha das webs especializadas nas que se publicitan este tipo de eventos para chegar ao maior número de deportistas posible". Fernández salientou que “sería unha pena perder un evento deportivo que estaba comezando a consolidarse pola deixadez do goberno municipal", e apunta que "xa non sería a primeira vez que esto ocorre neste ano, pois o Concello deixou marchar o torneo de ximnasia rítmica Vila de Ribadavia que congregaba milleiros de persoas". 

Te puede interesar