o ribeiro

O PP reclama máis presenza de Ribadavia na Red de Juderías

Os populares pídenlle ao goberno municipal que se comprometa a dar conta da participación activa de Ribadavia nesta rede a través dun informe anual, que se presentará ao pleno do Concello de Ribadavia

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia presenta unha moción para ser debatida no pleno deste mes de decembro na que se insta ao goberno municipal a comprometerse a unha maior presenza e participación activa na Red de Juderías de España, Caminos de Sefarad, para conseguir aproveitar todas as potencialidades da pertenza a esta rede. 

Así mesmo, os populares pídenlle ao goberno municipal que se comprometa a dar conta da participación activa de Ribadavia nesta rede a través dun informe anual, que se presentará ao pleno do Concello de Ribadavia, no que se fará constar as actividades realizadas no contexto da rede ao longo do ano, o impacto turístico anual das actividades derivadas da pertenza á rede e a previsión de actividades para o exercizo inmediatamente posterior. Unha vez sometida ao criterio da corporación municipal, daráselle traslado á asemblea xeral anual da Red de Juderías de españa, Caminos de Sefarad.

Segundo o portavoz do grupo popular, César Fernández, “estamos ante unha plataforma inmellorable para a proxección turística e cultural de Ribadavia e que, ao noso xuízo, está a ser desaproveitada polo actual goberno municipal.” 

O portavoz da oposición iniste en que “hai probas dabondo de que non se esta aproveitando a presenza de Ribadavia nesta rede".

Te puede interesar