CONCELLO

O PP reclama o reforzo da política cultural de Ribadavia

 O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia presentou dúas mocións dirixidas a instar ao goberno municipal a que inscriba a Ribadavia na Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC

 O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia presentou dúas mocións dirixidas a instar ao goberno municipal a que inscriba a Ribadavia na Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC, e na Rede Provincial de Espazos Culturais da Deputación.

"A entrada nestas redes permitiría aumentar e desestacionalizar a escasa oferta cultural que, a día de hoxe, ten o Concello de Ribadavia", sinalan os populares. O portavoz, César Fernández, sinalou que “a política cultural ten que ocupar un lugar fundamental na axenda do goberno". 

Te puede interesar