viticultura

Os premios da Denominación de Orixe O Ribeiro reunirán a 250 profesionais

O Concello de Ribadavia non asistirá á gala en solidariedade cos afectados polas xeadas

 Máis de 250 profesionais adegueiros, colleiteiros, distribuidores, almacenistas, xornalistas divulgadores ou prescriptores asistirán á gala dos Premios D.O. Ribeiro, que se celebrará o próximo 20 de xuño no Mosteiro de San Clodio (Leiro). Nesta sexta edición recollerán os premios Sarah Jane Evans,novo “Persoeiro de Honra”; o xornalista Joan Gómez Pallarés, o “Premio á Mellor Tarefa de Comunicación”; a sumiller Mónica Fernández, “Muller e Viño”; e Arsenio Paz, responsable da adega Vilerma, que recibirá o “Premio Vida entre Vides”. 

Ademais, daranse a coñecer os galardoados como “Mellor Tenda Especializada - Viñoteca”, “Mellor taberna – Bar de Viños” e “Mellor Servizo de Viño en Restaurante”. Tamén  se desvelarán os gañadores das categorías “Mellor viño branco adega”, “Mellor viño branco colleiteiro” e “Mellor viño tinto”.

O Concello de Ribadavia entende que os premios son moi importantes para Denominación, pero en solidaridade cos viticultores afectados polas xeadas que "non foron apoiados polas administracións", anuncia que non haberá representación municipal na gala.

A Asociación de Colleiteiros tamén confirma a súa ausencia porque "a asociación non foi invitada oficialmente".

Te puede interesar