ENOLOGÍA

A Universidade lidera un proxecto para predecir as colleitas do Ribeiro

SANYO DIGITAL CAMERA
photo_camera Imagen de una de las aplicaciones para optimizar el estado de la uva en O Ribeiro.

Os colleiteiros poderán saber con antelación a cantidade de uva que recollerán e cando 
é preciso fumigar

Investigadores da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense lideran un proxecto estatal que ten como obxectivo principal establecer modelos de predicción da colleita con varios meses de antelación para as variedades autóctonas de vide da Denominación de Orixe Ribeiro, unha das de maior importancia vitivinícola de Galicia. Para acadalo, están a analizar, en colaboración con outras entidades públicas e privadas, numerosos parámetros, desde os requirimentos de frío e calor das vides ata os niveis de esporas dos principais fungos. 

Froito deste proxecto, os colleiteiros poderán saber a finais de maio ou principios de xuño a previsión de cantidade de uva que van a recoller e disporán dunha aplicación para teléfono móbil, sinxela e visual, que lles indicará se é realmente preciso ou non fumigar en cada momento, atendendo non só ás condicións meteorolóxicas senón tamén á fase da vide e á existencia de patóxeno no aire. “A capacidade de predicir da colleita permitirá ao sector vitivinícola ser máis eficiente e a aplicación permitirá mellorar a calidade do viño”, explica Francisco Javier Rodríguez Rajo, investigador principal do proxecto.

"El objetivo más importante es establecer modelos de predicción de la cosecha con varios meses de antelación lo que permitirá poder organizar las prácticas culturales, trabajos de bodega, contratación de personal o seguros agrarios además de evitar fraudes por introducción de uva foránea"
 

O proxecto chámase Estratexia para a optimización e desenvolvemento sostible da colleita de variedades autóctonas de vide". 

Te puede interesar