O PSdeG dará prioridade ás axudas europeas ós colleiteiros

O comité electoral provincial do PSdeG organizou onte un acto de precampaña na sede da capital do Ribeiro, no que participou o secretario provincial, Raúl Fernández, así como deputados autonómicos e estatais ourensáns, Unha das máximas prioridades do PSdeG con respecto á Política Agraria Común da Unión Europea é que as axudas comunitarias se centren nos colleiteiros e non nos terratenientes.

O obxectivo, segundo indicaron, "é que as axudas se dirixan á producción en detrimento da superficie", asegurando que os productores do Ribeiro reciben uns 2.200 euros, os extremeños perciben 8.000 e os casteláns-manchegos 10.000 euros. "Unha situación intolerable que hai que cambiar, e para isto cómpre un cambio de rumbo cara á esquerda do Parlamento Europeo e da Comisión Europea", sinalaron.

Te puede interesar