O RIBEIRO

O PSOE reclama unha data para abrir o Museo do Viño

<p></p>
photo_camera Ignacio Gómez, Noela Blanco e Xoaquín Fernández Leiceaga, saíndo do inmoble rehabilitado.

O portavoz socialista no Parlamento, Fernández Leiceaga, visitou o edificio 

O portavoz do grupo socialista no Parlamento galego, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclama a apertura do Museo do Viño de Galicia, cuxo edificio está ubicado en Santo André de Ribadavia. Ata alí se desprazou onte acompañado pola parlamentaria, Noela Blanco, e o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, anunciando que dicha reclamación vaise abordar no Pleno do Parlamento na próxima semana.

Fernández Leiceaga puxo o caso deste Museo como paradigma do "desleixo do Goberno galego e da falla de compromiso co rural, tanto do Executivo autonómico como da propia Deputación Provincial". Dixo que logo de 30 anos desde que foi planificado, o Museo está totalmente preparado para a súa apertura, á espera de que o Executivo o dote de fondos e persoal.

Sinalou que se trata dunha “oportunidade para o Concello, a comarca e toda Galicia”, por canto serve de complemento para impulsar a actividade turística do interior. Leiciaga presentou esta proposta para “chamar a atención sobre as consecuencias do seu desleixo permanente e continuado, que non é froito da ignorancia”.

A deputada ourensá Noela Blanco e Ignacio Gómez sinalaron que os socialistas reclamaranlle ao Goberno galego unha data prevista para a apertura da infraestrutura, que constitúe “unha mancha máis da Xunta coa comarca do Ribeiro”, puntualizou Noela Blanco. n

 

Te puede interesar